Información nutricional

As conservas de peixe e marisco son a combinación perfecta entre sabor e propiedades nutricionais. A gran variedade e oferta existente permítenos desfrutar, dentro dunha dieta equilibrada, de múltiples receitas.

Para que as achegues a tua cociña de forma consciente, deixámoste información nutricional sobre algunas das conservas mais habituais.

ATÚN

Destaca polo seu alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA), en proteínas, vitaminas B3, B6, B12, D, E e minerais como fósforo e selenio. Ademáis, é fonte de iodo.

Os ácidos graxos Omega 3 axudan a manter a tensión arterial normal e ao funcionamento normal do corazón. As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular e mantemento dos ósos en condicións normais.

O selenio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de uñas e cabelo, así como á función normal tiroidea e a vitamina B12 contribúe entre outras funcións para diminuír o cansazo e fatiga.

MEXILÓNS

Destaca polo seu alto contido en proteínas, en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA), vitamina B12 e en minerais como fósforo, manganeso e selenio. Ademáis, é fonte de vitamina B3, D, ferro, iodo, zinc e baixo contido graxas saturadas.

O seu elevado contido en manganeso contribúe, entre outras funcións, ao metabolismo enerxético normal e ao mantemento dos ósos en condicións normais. O seu elevado contido en vitamina B12 contribúe ao metabolismo enerxético normal e ao funcionamento normal do sistema inmunitario así como a diminuír o cansazo e a fatiga.

Presenta alto contido de fósforo que contribúe ao metabolismo enerxético normal, funcionamento normal das membranas celulares e ao mantemento de ósos e dentes en condicións normais.

XOUBA

Destaca pola sua alta achega proteica e alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA), en vitaminas B3, B12, D e en minerais como calcio, fósforo e selenio. Ademáis, é fonte de vitamina A e E, de iodo e de zinc.

O seu elevado contido en fósforo contribúe ao funcionamento normal das membranas celulares e ao mantemento de ósos e dentes en condicións normais. O seu alto contido en calcio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de dentes, cabelo, así como á función tiroidea en condicións normais.

A vitamina B12 contribúe ao funcionamento normal do sistema inmunitario e á diminución do cansazo e a fatiga. As proteínas contribúen a que aumente e consérvese a masa muscular e ao mantemento dos ósos en condicións normais. E os ácidos graxos omega 3 contribúen a manter unha tensión arterial normal, uns niveis normais de triglicéridos en sangue e ao funcionamento normal do corazón.

XARDA

Destaca polo seu alto contido Omega 3, en vitaminas B3, B12 e D. Tambén polo alto contido proteínas, calcio e fósforo. Ademáis é fonte de vitamina A e baixo contido graxas saturadas.

As súas propiedades nutricionais axudan, entre outras cousas, a mantemento de dentes, cabelo e a función tiroidea. Preservar o funcionamento de músculos e sistema inmunitario; así como o aumento e conservación de músculos e ósos grazas á súa achega proteico.

O baixo contido en graxas saturadas conserva os niveis naturais de colesterol en sangue.

BERBERECHO

Destacada pola súa baixa cantidade de graxas saturadas e por poseer un alto contido de de ferro e selenio. Ademáis, conteñen moitos minerais como potasio, zinc, iodo, calcio e magnesio. Aportan vitaminas A, B1, B2, B3, B6, B9, B12, C e E e son unha fonte única de proteínas.

Os berberechos son beneficiosos para o funcionamento normal do sistema inmunitario e á diminución do cansazo e a fatiga, así como do sistema nervioso e muscular e ao mantemento da tensión arterial normal.

Ademais, contribúe tamén ao mantemento de dentes, cabelo, así como a función tiroidea en condicións normais.

BONITO DO NORTE

Destaca polo seu alto contido en ácidos graxos Omega 3 (EPA e DHA), en proteínas, vitaminas B3, B6, B12, D, E e minerais como fósforo e selenio. Ademáis, é fonte de iodo.

Os ácidos graxos Omega 3 axudan a manter a tensión arterial normal e ao funcionamento normal do corazón. As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular e mantemento dos ósos en condicións normais.

O selenio contribúe, entre outras funcións, ao mantemento de uñas e cabelo, así como á función normal tiroidea. A vitamina B12 contribúe entre outras funcións para diminuír o cansazo e fatiga.

Recomendacións

Luintra

La Alacena

CasAberta

Mareterra conservas

ÚNETE A VAL DE LATAS

ES PROPIETARIO DALGÚN ESTABLECEMENTO?

Vendes ou cociñas conservas de peixe e/ou marisco?

Vai de Latas é unha iniciativa sen ánimo de lucro feita por e para amantes das conservas de peixe e marisco.

Cobre este sinxelo formulario e fai que o teu local apareza en vaidelatas.com, non che custará nada, literalmente.

Dános a información e nós faremos o resto!